Caballero felicita ao club de loita San Ignacio, campionas de España senior
O alcalde recibiu e felicitou ao club vigués de loita San Ignacio, que ven de proclamarse no mes de marzo campión de España en categoría senior feminina e subcampión junior, en Madrid. Caballero solicitoulles que as sete deportistas ofrezan no verán unha exhibición no centro da cidade.