O MARCO participa nunha experiencia de BOOKCROSSING xunto con 48 museos e centros de arte
Este mércores, 23 de abril, 48 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.500 volumes relacionados con diferentes disciplinas. O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase ás 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.
Os participantes prevén poñer en circulación máis de 2.500 libros libres coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. Todos os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e no que liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.
Dende a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o número de participantes neste tipo de iniciativas. O bookcrossing defínese como un "club de libros global", rexido Os libros libéranse normalmente en lugares públicos e de tránsito de persoas, dende a Universidade aos medios de transporte ou polideportivos, e se cada usuario segue as instrucións é doado coñecer, a través da páxina www.bookcrossing–spain.com, o traxecto realizado por un libro dende o seu punto de orixe ao de recollida. O bookcrossing permite non só compartir e intercambiar gratuitamente libros senón tamén seguir a pista de calquera deles unha vez que foi liberado, así como saber quen o leu e en que lugar. Calquera persoa pode participar nesta experiencia, non só recollendo libros senón tamén poñendo en circulación outros da súa propiedade, rexistrándoos na páxina web de bookcrossing e liberándoos despois nun lugar público.
Todos os libros liberados conteñen catro adhesivos. O primeiro, no lombo, é o símbolo internacional do bookcrossing, personalizado co logotipo de cada centro ou museo. A segunda etiqueta vai colocada sobre a cuberta do libro e nela danse máis detalles: "pásalle este libro a alguén ou déixao libre na súa aventura" e "non me perdín, son parte dun club de libros global", ao tempo que remite a máis detalles no interior do libro. O terceiro adhesivo, no interior, instrúe a persoa que recolleu o libro sobre o obxecto da liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional a través da web www.bookcrossing-spain.com, que permite coñecer onde estivo a publicación e quen a leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe. Ademais, no cuarto adhesivo o lector pode escribir o seu nome e o lugar onde atopou o libro. O día 23 de abril calquera persoa poderá seguir estes pasos con algún dos máis de 2.500 libros que se liberarán en distintos puntos de cada unha das cidades participantes.
Museos e centros participantes:
Biblioteca-Centro de Documentación do MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León; Biblioteca da Casa José Zorrilla. Ayuntamiento de Valladolid. Fundación Municipal de Cultura; Biblioteca do Museo del Ferrocarril de Madrid; Biblioteca do Museu Valencià d'Etnologia; Biblioteca do Real Jardín Botánico, CSIC; Biblioteca do Museo da Marioneta. Colección Viravolta Títeres; Biblioteca Joaquim Folch i Torres (Museu Nacional d'Art de Catalunya); Biblioteca. Museu Marítim de Barcelona; Biblioteca e Centro de Documentación de Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo (Vitoria-Gasteiz); Biblioteca e Centro de Documentación do CAAM (Centro Atlántico de Arte Moderno); Bilboko Arte Ederren Museoa-Museo de Bellas Artes de Bilbao; CCCB, Centre de Cultura contemporània de Barcelona; CENDEAC; Centre d’art la Panera, Lleida; Centre de Documentació i Museu Tèxtil. Biblioteca (Terrassa, Barcelona); Centro Cultural Montehermoso Kulturunea; Centro de Arte Contemporáneo de Huarte; Centro de Estudios e Documentación MACBA; CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea; Es Baluard Museu d'Art Modern i Contemporani de Palma; Escola Massana. Centre d’Art i Disseny; Fundació Antoni Tàpies; Fundació Joan Miró; Fundación Botín (Santander); MACA. Museo de Arte Contemporáneo de Alicante; MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo; Museo Art Nouveau y Art Déco Casa Lis (Salamanca); Museo Casa Natal de Jovellanos; Museo das Peregrinacións e de Santiago. Biblioteca; Museo de América (Madrid); Museo de Belas Artes da Coruña; Museo de Bellas Artes de Asturias; Museo de Navarra. Pamplona; Museo de Valladolid; Museo de Zamora; Museo del Carlismo; Museo del Gas de la Fundación Gas Natural Fenosa; Museo del Traje. CIPE; Museo Etnológico de Navarra "Julio Caro Baroja"; Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense; Museo Fundación Eugenio Granell; Museo Marítimo del Cantábrico; Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí. Biblioteca; Museos arqueológicos de Gijón; Museu de Belles Arts de València; Museu de Prehistòria de Valéncia; Muséu del Pueblu d’Asturies.
Descargar todas as imaxes