Escoitar

O goberno local convenia a celebración de 200 actuacións de bandas e corais polifónicas

O alcalde rubricou este mércores dous convenios para a organización este ano dos programas "Vigo, un mar de bandas" e "Vigo, un mar de corais", que suman case que 200 actuacións na cidade. O goberno local adica ao efecto máis de 170.000 euros.

mércores, 16 abr 2014
1397648614convenios.JPG
Abel Caballero asinou ambos convenios con Enrique Lorenzo, en representación da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, e ante decenas de directores e presidentes de bandas e corais da cidade, nun acto celebrado este mércores na galería da Alcaldía.

O goberno local subvenciona con 146.000 euros o "Vigo, un mar de bandas", o programa polo que 9 bandas da cidade ofrecerán un total de 90 actuacións tanto no centro como nos barrios e parroquias que inclúe asemade formación continua para os músicos coa iniciativa "Aulas de Música nas Bandas".

O segundo acordo de colaboración rubricado este mércores implica a concesión de 25.000 euros por parte do Concello para a celebración do "Vigo, un mar de corais". 34 formacións corais da cidade ofrecerán 102 actuacións.
Descargar todas as imaxes