Últimos días da exposición ‘A BALEA NEGRA’ no MARCO

mércores, 27 mar 2013

Este domingo 31 de marzo clausúrase nas salas da planta baixa do MARCO a exposición ‘A BALEA NEGRA’, a mostra conmemorativa do seu 10º Aniversario. Un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra.

Exposición "1809. Os papeis do home e da muller"

luns, 25 mar 2013

A Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), acolle a mostra de traxes tradicionais "1809. Os papeis do home e da muller", integrada nos actos da Reconquista da vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

Programación da Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" para o segundo trimestre

mércores, 20 mar 2013

A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas", sita na rúa Martínez Garrido 21, presenta a súa programación de primavera, para o período abril-xuño, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as actividades adicadas a Rosalía de Castro, con motivo do 150º aniversario da edición de "Cantares Gallegos": unha exposición de diferentes portadas de publicacións que neste século e medio se fixeron da obra da escritora; actividade "Rosalía, unha meniña" para nenas e nenos maiores de 7 anos, con motivo do Día do Libro infantil, o 2 de abril; obradoiro de hip-hop, con motivo do Día do Libro, o 23 de abril; e "Ola ríos, ola fontes", actividade para nenas e nenos a partir dos 3 anos.

VIII Festival Coral de Música Sacra

martes, 19 mar 2013

Este mércores, 20 de marzo, comeza a oita edición do Festival Coral de Música Sacra, organizado pola Asociación de Corais polifónicas de Vigo (ACOPOVI), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas. O festival contará cun total de trece concertos en diversos espazos da cidade e ata o 30 de marzo.

Concerto da ORQUESTRA VIGO 430

luns, 18 mar 2013

Este mércores, 20 de marzo, ás 21,00h, terá lugar no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música (rúa Manuel Olivié 23), o segundo concerto da Orquestra VIGO 430, dentro do seu Programa Sinfónico de Primavera, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

Bases do II Festival Primavera do cine en Vigo

xoves, 14 mar 2013

A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, volve a colaborar coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na segunda edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre o 29 de maio e o 2 de xuño.<br />