Escoitar

O Concello ofrece visitas guiadas de balde á mostra "Arquivo Fotográfico Pacheco. Documento Gráfico"

Desde hoxe martes, e ata o 29 de xuño, o Concello de Vigo oferta visitas guiadas á exposición ubicada na Casa das Artes, tanto con cita previa como para o público presente na sala. A mostra encádrase no labor do Concello de Vigo de difusión e recuperación do arquivo.

martes, 3 xuñ 2014
O goberno de Vigo prevé dúas modalidades de visitas guiadas para o público interesado: mediante cita previa no 010, os martes e xoves, e para aqueles que se atopen na primeira planta da Casa das Artes os mércores, venres e domingos.

A exposición encádrase no labor do Concello de Vigo de difusión e recuperación do arquivo que conserva unha gran parte da ampla produción da saga de fotógrafos que traballaron no Estudio Pacheco. A intención da mostra é amosar as imaxes tal e como se atopan no arquivo, respectando en todo caso a intención dos fotógrafos, o seu estado de conservación e plasmando as condicións dos seus soportes orixinais.

VISITAS GRUPOS ORGANIZADOS CON RESERVA PREVIA:
Datas: martes e xoves
Horarios: 11:00h e 12:00h. Existirá a opción de visitas para dous grupos nun mesmo horario, pero con saída para o segundo deles 15 minutos máis tarde
Duración: 45-50 minutos
Número persoas/grupo : mínimo de 10 e máximo de 30
Reserva : chamando ao 010 (986.810.260 se chama dende fóra do termo municipal ou dende móbil), de luns a venres de 8.00 h a 20:00h e os sá bados de 10:00h a 14:00h

VISITAS ABERTAS AO PÚBLICO PRESENTE:
Datas: mércores, venres e domingo
Horarios: mércores e venres ás 19:00h, domingos ás 12:00h
Duración: 45-50 minutos
Número persoas: máximo de 30