luns, 2 xuñ 2014
A tenente de alcalde defendeu hoxe a boa xestión económica do Concello esgrimiendo no Pleno os datos do Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago de facturas. Tal e como explicou, o Concello realizou 2.654 pagos cun periodo medio de prazo de 19,93 días, moi por debaixo dos 30 días como máximo que prevé a Lei de Morosidade.
luns, 2 xuñ 2014
O Pleno da Corporación debatiu e aprobou este luns unha moción presentada polo BNG sobre o aeroporto de Vigo, que foi validada grazas ás abstencións de socialistas e populares. O texto esixe a execución dos investimentos previstos en Peinador e solicita da Xunta o mesmo trato para as tres terminais galegas.
luns, 2 xuñ 2014
A moción presentada polos socialistas no Pleno deste luns, aprobada por unanimidade, reclama da Xunta de Galicia e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño "que aporten polo menos a mesma cantidade que o Concello de Vigo" a Conxemar. O goberno de Vigo achega 100.000 euros á primeira feira de conxelados do mundo, o dobre do aportado polos gobernos autonómico e estatal.
luns, 2 xuñ 2014
Os tres grupos municipais apoiaron a proposta do Partido Popular e enmendada polo grupo nacionalista que pretende instar ao Goberno Municipal e á Xunta a crear un programa para a integración do alumnado con necesidades específicas. No pleno de hoxe, tamén se deu vía libre á consideración da creación dun festival internacional de teatro.
luns, 2 xuñ 2014
Abel Caballero recibiu esta mañá a responsables da universidade de estudios internacionais de Biejing que preparan a estancia de grupos de estudantes que elixiron esta cidade para aprender o idioma. Durante o encontro, Caballero deulles a benvida á cidade e ofreceulles cooperación e apoio aos estudantes, que empezarán a chegar no mes de xullo.
luns, 2 xuñ 2014
A Concellaría de Politica de Benestar vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XIV edición os vindeiros días 3,4,5, e 6 de xuño de 2014. A actividade consiste na exposición e venta de productos feitos por dez asociacions de persoas con discapacidade. <br />