Este venres e sábado, estrea no MARCO ¿Qué hacen a estas horas los coroneles?

xoves, 23 xan 2014

Esta fin de semana Miguel Bonneville volve ao MARCO coa estrea dunha nova proposta realizada en colaboración con Pablo Fidalgo. Concibida como conferencia escénica, esta obra enmárcase no ciclo ‘Material Memoria’ comisariado polo propio Fidalgo dentro da exposición ‘Veraneantes’.
Miguel Bonneville e Pablo Fidalgo
¿Qué hacen a estas horas los coroneles?
Conferencia escénica
Estreno
Venres 24 e sábado 25 de xaneiro, ás 19.30
Patio 1 (planta baixa)
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo
Creación e Interpretación: Pablo Fidalgo e Miguel Bonneville
Co apoio de: Azala, Euskadi; MARCO, Vigo
Duración: 60 minutos

Concerto DORIAN WOOD-FESTIVAL SINSAL12

venres, 17 xan 2014

O xoves 23 de xaneiro, ás 21:00 h terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1) o concerto do artista DORIAN WOOD, dentro do Festival Sinsal12, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. O Concello de Vigo apoia así unha vez máis unha das iniciativas musicais máis importantes da cidade, que se ven consolidando ano tras ano, a través de novidosas iniciativas, a fidelidade dun público e a calidade das súas propostas artísticas.

Proxección do documental "Entreparadas" no auditorio do Concello

venres, 17 xan 2014

O Cine Clube Lumiere coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas propón para o luns, día 20, a proxección do documental "Entreparadas" ás 20.30 horas no auditorio municipal do Concello. Entreparadas é unha iniciativa solidaria que puxo en marcha a Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia co obxectivo de implicar a 16 persoas anónimas nun proxecto que cambiou formas de vivir e de ver as cousas.

Actividades xaneiro da Biblioteca Juan Compañel

xoves, 16 xan 2014

A Biblioteca Pública Juan Compañel programa no o mes de xaneiro actividades para todas as idades: espectáculos de contacontos, narración de contos, obradoiro de ilustración, V concurso de banda deseñada, obradoiro de cómic, clubes de lectural (galego,castellano e ingles) e un curso de internet para maiores de 55 anos. A Biblioteca Pública Juan Compañel está na rúa Joaquín Yáñez 6.

Venres 17 e sábado 18, cunha peza escénica de Miguel Bonneville

Esta fin de semana reiníciase o ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

xoves, 16 xan 2014

Tras a paréntese das últimas semanas, este venres e sábado reanúdase, ás 19.30 horas, no Patio 1 do MARCO o ciclo ‘Material Memoria’ —programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES—, cunha peza escénica do creador portugués Miguel Bonneville.
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo

Á venda desde o próximo mércores as entradas para o concerto de Love of Lesbian

luns, 13 xan 2014

Este mércores 15 de xaneiro poranse á venda as entradas para o concerto do grupo LOVE OF LESBIAN, que terá lugar o venres 21 de febreiro, ás 22:00 h, no Auditorio do Pazo de Congresos de Vigo (Avenida Beiramar, 59); o concerto desta banda formaba parte do programa de Vigo en Festas que foi suspendido polo accidente ferroviario de Angrois. As entradas poderán adquirirse anticipadamente no servizo de Servinova (www.servinova.com e no teléfono 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26), e o día do concerto no despacho de billetes do auditorio, a un prezo único de 6 € (máis gastos de xestión).