Vigo atendeu a pernocta de once refuxiados ucraínos en tránsito a Porto

xoves, 24 mar 2022

Vinte dúas persoas procedentes de Ucraína arribaron este mércores a Vigo, das que a metade precisou aloxamento para pasar a noite antes de continuar a súa viaxe en tren ata a urbe portuguesa. Segundo indicou o alcalde, o Concello cooperou con aqueles que precisaron hotel, traslados e incluso cena, e en total dá acollida actualmente a 32 refuxiados.

Caballero saúda aos participantes de programas de envellecemento activo

martes, 15 mar 2022

O alcalde achegouse á Praza dos Galegos Ilustres, onde unhas 50 persoas están a desenvolver actividades de envellecemento activo. Os usuarios do programa estaban a realizar hoxe ximnasia, actividade a cal animouse a participar o rexedor. A Federación de Peñas El Olivo é o espazo que utilizan de xeito habitual para a realización de ximnasia os martes é venres a partir das 11:30 horas.