Escoitar

Vigo volve a ser a cidade de España que máis nenos e nenas saharauís acolle a través de “Vacacións en Paz”

Este mediodía realizouse o tradicional acto de recepción que ofrece o alcalde, Abel Caballero, ás familias viguesas acolledoras e aos 72 nenos e nenas saharauís que pasarán o verán na cidade.

xoves, 4 ago 2022

En declaracións realizadas na rolda de prensa desta mañá, Abel Caballero explicou que o goberno de Vigo achega un total de 70.000 euros o ano á Asociación Galega do Pobo Saharauí para levar adiante o programa "Vacacións en Paz". Esta achega realizárase ate 2025, o que fai un computo de 280.000 euros, que principalmente financian os gastos de desprazamento dos nenos e nenas.

O Concello de Vigo é o que máis rapaces e rapazas saharauís acolle, xa que este é un programa que se desenrola nun ámbito nacional.

Descargar todas as imaxes