Escoitar

A Xunta de Goberno aprobará 250.000 euros para a promoción de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Tamén está previsto que o goberno local aprobe mañá xoves en Xunta de Goberno a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación e innovación.

mércores, 3 ago 2022

Abel Caballero adiantou que mañá, xoves 4 de agosto, a Xunta de Goberno aprobará o convenio de colaboración coa Fundación Convention Bureau para dar continuidade á difusión e promoción nas actuacións da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O importe ascende a 250.000 euros.

O rexedor manifestou “seguir na difusión e promoción con diferentes accións”. Entre elas, Caballero citou Desafío Audiovisual Illas Cíes, o programa Cíes Talent, Concurso #SientoCíes, cuadernillos temáticos, banners e microsite promocional e a adhesión de Vigo á Spain Film Commision.

Subvencións emprego

A Xunta de Goberno tamén aprobara unha liña de subvencións ao emprego mediante proxectos relacionados coa investigación e innovación. Segundo explicou o alcalde en declaracións remitidas aos medios, será para proxectos desenvolvidos entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2022. O importe é de 40.000 euros.

As axudas están dirixidas a proxectos de tecnoloxías da comunicación, automoción, industria naval, enerxías renovables... entre outras. Segundo explicou Caballero, o obxectivo é facilitar a adquisición de experiencia, fomentar actividades ocupacionais e a investigación e desenvolvemento dos proxectos.

O plazo de presentación das solicitudes será durante 10 días hábiles logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Descargar todas as imaxes