Escoitar

O 5 de agosto Vigo celebrará a Noite Branca

Os museos da cidade permanecerán abertos dende as 20:00 horas atas as 2:00 da madrugada.

martes, 2 ago 2022

 

Na rolda de prensa matinal, o rexedor vigués anunciou que a celebración da Noite Branca será o venres 5 de agosto, estando abertos os museos dende as 20:00 horas ata as 2:00 da madrugada.

Con motivo desta celebración a cidade albergará unha ampla e variada lista de actividades de balde entre as que se inclúen: exposicións, visitas guiadas, concertos e obradoiros. Como verbalizou Abel Caballero esta é “unha forma diferente de divulgar e vivir o goce da actividade museística”.

 

 

Pódese consultar a programación completa nos documentos adxuntos*

Descargar todas as imaxes