Mañá saen á venda as reservas para o concerto de Dani Martín en Castrelos
O alcalde informou esta mañá da posta a disposición das reservas para gozar do concerto do artista madrileño, que terá lugar no auditorio de Castrelos o próximo 17 de agosto.
Mañá mércores 2 de agosto estarán a venda ás reservas para o derradeiro concerto de verán no auditorio de Castrelos, será o de Dani Martín que actuarán o 17 de agosto as 22:00 horas.
Seguindo o sistema expediranse 5000 entradas en dúas modalidades de compra simultánea: ás 10:00 horas da maña sairán 1000 entradas na billeteira do auditorio do concello e 1500 para compra online, as mesmas cantidades poranse a venda pola tarde, ás 17:00 horas, para facilitar o acceso de toda a cidadanía.
Procesión do Cristo da Victoria
Na rolda de prensa desta mañá, Caballero sinalou que “durante a celebración da procesión non se poderán instalar terrazas en ningunha das vías polas que transcorre”. As rúas ás que lle afectará esta limitación de mobiliario exterior serán: a Porta do Sol; a praza da Constitución; a rúa Real; a avenida de Beiramar, ata San Francisco; rúa Cánovas del Castillo; rúa Montero Ríos; Concepción Arenal; rúa Colón e Príncipe.