O Concello amplía as viaxes pola ría para persoas maiores
O alcalde informou este mércores que, ante a elevada demanda, póñense a disposición 600 prazas máis para que as persoas maiores participen nesta actividade. Na primeira convocatoria completáronse as 1900 prazas ofertadas.
Ante o éxito da convocatoria das actividades pola ría para maiores, chegando a ocupar as 1900 prazas que encheron 35 embarcacións. A esta actividade poden anotarse persoas maiores de 65 anos que estean empadroados na cidade, que poderán contar cun acompañante, o cal non é necesario que este empadroado nin que sexa maior de 65 anos. As inscricións poden realizarse chamando o 010 dende hoxe.