Escoitar

Vigo abre a solicitude de bolsas de libros e comedor para o curso 2022-2023

O alcalde informou do inicio do período de solicitude, o vindeiro martes 12 de xullo, garantindo que “todo o mundo que cumpra os requisitos, terá bolsa de comedor. Non hai listas de espera”.

xoves, 7 xul 2022
O alcalde despediu este xoves no aeroporto a estudantes becados polo Concello do programa "Vigo en Inglés", que saían ao Reino Unido
O alcalde despediu este xoves no aeroporto a estudantes becados polo Concello do programa "Vigo en Inglés", que saían ao Reino Unido

Segundo explicou, as bolsas municipais destinadas aos libros e material escolar suman un orzamento de 135.000 euros e a partida para comedor acada 1.145.000 euros. Amais, o Concello ten prevista a posibilidade de incrementar a contía das bolsas de comedor noutros 185.000 euros se é preciso pola demanda.

En declaracións ante os medios de comunicación, Abel Caballero garantiu que “todo o mundo que cumpre os requisitos terá bolsa de comedor, non hai listas de espera”. Lembrou tamén que o goberno municipal asigna 606.000 euros a FOANPAS para a xestión do comedor dos centros escolares.

O Concello abre o prazo de solicitude das bolsas de libro e comedor o vindeiro martes, 12 de xullo.

Descargar todas as imaxes