Benestar Social
O Concello apoia con 153.000 euros o labor de cinco entidades sociais da cidade
venres, 1 xul 2022A Xunta de Goberno Local vén de aprobar os convenios de colaboración con Doa, Afaga, a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Érguete e a AECC. Amais, deu luz verde ao convenio coa UNED para a impartición de 13 titulacións na cidade.
Vigo insta á Xunta a mellorar as condicións do Servizo de Axuda no Fogar
mércores, 29 xuñ 2022Aprobouse por unanimidade o recoñecemento ao traballo das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Tamén exixirlle á concesionaria a cumprir o convenio colectivo en materia de revisión salarial así como a continua aposta polo servizo.
O goberno municipal garante o seu apoio ás Misioneiras do Silencio
martes, 28 xuñ 2022A concelleira da área de Políticas de Benestar, Yolanda Aguiar, avanzou que a vindeira semana terá lugar un encontro coas responsables deste comedor social para buscar solucións ás “dificultades económicas que están pasando”
O Concello convoca 240 prazas do programa “Lecer no verán” para persoas con diversidade funcional
xoves, 23 xuñ 2022O alcalde anunciou en rolda de prensa que haberá o dobre de prazas que o ano anterior, ata 240, para cubrir a demanda. O prazo de inscrición estará aberto e as inscricións poden facerse no 010.
Vigo experimentou un crecemento turístico en maio de máis dun 100% respecto a 2021
xoves, 23 xuñ 2022O turismo en Vigo situouse en maio case en datos de 2019, dado que creceu máis dun 100% respecto a 2021. Nun mes que non é especialmente turístico na cidade, Caballero subliñou a importancia de ter recibido 34.347 visitantes.
Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón para visibilizar a loita contra a ELA
martes, 21 xuñ 2022Este martes, 21 de xuño, se conmemora o Día mundial da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e o Concello contribúe ao coñecemento e concienciación sobre a enfermidade tinguindo de verde as fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente.
O alcalde cifra en 21 as axudas de emerxencia destinadas ao alugueiro a semana pasada
martes, 21 xuñ 2022A comisión de Axudas de Emerxencia concedeu 81 axudas cun importe de 17.186,87 euros a semana pasada. Caballero lembrou que as Axudas de Emerxencia son compatibles co Ingreso Mínimo Vital.
O Concello inicia unha nova fase da humanización de Martínez Garrido
luns, 20 xuñ 2022A administración presidida por Abel Caballero adica un millón de euros á obra, uns traballos que se prolongarán por un prazo estimado de sete meses. Ademais, o alcalde anunciou o comezo “dentro duns poucos días” da última fase da remodelación da rúa Aragón e da construción do novo parque de Bombeiros de Esturáns o do centro municipal de servizos sociais da Praza da Princesa.
Vigo oferta 90 prazas de reforzo educativo no verán para as persoas máis vulnerábeis
luns, 20 xuñ 2022O 4 de xullo comezan os obradoiros de reforzo educativo para nenos e nenas das familias máis vulnerábeis. O Concello pon a dispor dos menores 25 perfís multidisciplinares.