Escoitar

O Parque de Castrelos acolle a 39ª Marcha Aspanaex

Aspanaex presentou no Concello a 39ª Marcha Aspanaex que terá lugar o domingo 9 de outubro a partir das 10:30 horas e que este ano cambia de percorrido.

luns, 3 out 2022
O alcalde xunto aos membros de Aspanaex na presentación da 39ª Marcha Aspanaex
O alcalde xunto aos membros de Aspanaex na presentación da 39ª Marcha Aspanaex

Abel Caballero presentou xunto á xerente de Aspanaex, Beatriz Macías, e varios usuarios e usuarias da Asociación en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra a 39ª marcha Aspanaex. O punto de encontro será no Parque de Castrelos, a partir das 9:30 do domingo 9 de outubro para as persoas que queiran inscribirse, ás 10 horas haberá un quecemento e media hora máis tarde comezará o percorrido. Xa hai más de 500 participantes para a presente edición e os interesados poden solicitar o seu dorsal en www.residenciaaspanaex.org.

Precisamente, explicou Macías que este ano cambian as rúas polas que circularán os participantes. Serán 6km, con saída desde o Parque de Castrelos, e continuarán pola Avenida de Castelao, Plaza América, Rúa Porriño, Rúa Padre Seixas, Rúa Pablo Iglesias, Avenida de Balaídos, volta a Castrelos e ao Auditorio do Parque, onde haberá sorteo de regalos na fin de andaina.

O alcalde, que recibiu o dorsal nº1 por parte da Asociación, manifestou que estar presente neste roteiro “é unha honra” e agradeceu a labor e o traballo de Aspanaex durante 59 anos na cidade e na provincia de Pontevedra.

O alcalde xunto aos membros de Aspanaex na presentación da 39ª Marcha Aspanaex
Descargar todas as imaxes