mércores, 5 out 2022
O alcalde explicou que o prazo de inscrición na actividade abre o vindeiro luns, 10 de outubro, de xeito telemático e presencial. Desde o 12 de outubro e ata o 9 de novembro haberá vinte xornadas dispoñibles, con tres quendas cada unha, para achegarse á historia de Vigo a través do camposanto municipal.
mércores, 5 out 2022
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concede a nosa cidade unha mención honorífica pola calidade da proposta presentada do proxecto de Comercio presentado.
mércores, 5 out 2022
O relato Gracítame, de María Jesús González, é o gañador da novena edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado por Editorial Elvira, no que participaron preto de 200 escritores de Vigo, Galicia, o resto de España e tamén do estranxeiro. O segundo premio foi para Una calle cuesta arriba, de María del Carmen Pereiro Oliveira.
mércores, 5 out 2022
A celebración do Día da Policía en Vigo celebrouse este mércores na sede de Afundación coa participación, entre outras autoridades, de Abel Caballero que no seu discurso eloxiou o labor do Corpo na cidade e a súa profesionalidade recoñecendo o papel fundamental que desenvolven para seguir facendo de Vigo unha cidade segura. No transcurso do acto entregáronse as condecoracións a varios axentes polo seu labor destacado.