Escoitar

O Concello de Vigo recibe unha mención honorífica nos Premios Nacionais de Comercio Interior de 2022

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concede a nosa cidade unha mención honorífica pola calidade da proposta presentada do proxecto de Comercio presentado.

mércores, 5 out 2022

O alcalde anunciou na rolda de prensa vespertina que o Concello de Vigo foi galardoado nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2022, na categoría de municipios de máis de 25.000 habitantes. Abel Caballero afirmou que se sentía “moi orgulloso”, xa que “son tantas as distincións, que cambiou o concepto da cidade de Vigo en España con respecto a fai 15 anos”.

O Concello de Vigo presentou como proposta o desenvolvemento do programa do Nadal de Vigo como exemplo de desestacionalización turística. Entre outros elementos destaca o apoio á actividade comercial do pequeno e mediano comercio con campañas específicas; as melloras tecnolóxicas para a actividade comercial da cidade e a rehabilitación, modernización e adaptación ás novas tecnoloxías dos mercados municipais. Ademais o rexedor resinou que “presentamos tamén os proxectos de Vigo Vertical, como facilitadores da movilidade na cidade, e polo tanto, favorecedores do comercio”.

A entrega destes premios, organizados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, realizarase o 10 de novembro en Zumárraga (Guipúscoa), coa presenza da ministra Reyes Maroto.

 

Descargar todas as imaxes