O alcalde pon en valor o traballo da Policía Nacional na celebración do seu día
A celebración do Día da Policía en Vigo celebrouse este mércores na sede de Afundación coa participación, entre outras autoridades, de Abel Caballero que no seu discurso eloxiou o labor do Corpo na cidade e a súa profesionalidade recoñecendo o papel fundamental que desenvolven para seguir facendo de Vigo unha cidade segura. No transcurso do acto entregáronse as condecoracións a varios axentes polo seu labor destacado.