mércores, 29 dec 2021
A moción socialista aprobada este mércores no último Pleno da Corporación de 2021 esixe ao Goberno galego que cumpra o compromiso acordado en sede parlamentaria de dar a coñecer os datos do estudo de análise e diagnose do mapa da soidade de Galicia.
martes, 28 dec 2021
Segundo expuxo este martes en rolda de prensa, en Galicia, case 17.000 persoas teñen acceso ao IMV mentres a Risga "no momento que tivo máis perceptores, foron 10.700". Lembrou que en Vigo os dous mecanismos poden percibirse xunto ás axudas de emerxencia.
xoves, 23 dec 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o programa contra desafiuzamentos e de emerxencia social para o ano 2022 que ten un importe inicial de 1.175.000 euros pero para o que non hai límite: “todo o que sexa necesario vaise dar”.
xoves, 23 dec 2021
Son usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e da teleasistencia municipal, principalmente mulleres de idade que recibirán nos seus domicilios un menú especial no día que escollan. Vigo tamén servirá unha cena de Nadal aos 38 usuarios do albergue municipal e entregará outras 32 a persoas en situación de rúa, pensións e hostais.
luns, 20 dec 2021
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da FEC, o doutor Carlos Macaya, asinaron este luns un convenio marco para converter a Vigo nunha urbe cardiosaudable, fundamentalmente a través de accións de prevención. No 2020, 328 persoas morreron diariamente por enfermidade cardiovascular en España e o 80% pódense evitar a través da alimentación e o exercicio físico.
xoves, 16 dec 2021
Abel Caballero visitou este xoves o stand que a entidade abriu no Centro Comercial 3, en Praza de América, un espazo de venda co que financiar a súa actividade en favor dos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro. Bicos de Papel estará neste posto ata este sábado e abrirá outro no centro comercial Gran Vía do 20 ao 24 de decembro.
mércores, 15 dec 2021
Abel Caballero dixo en rolda de prensa que están a contactar coas persoas de máis de 80 anos que viven soas na cidade e utilizan os servizos de Teleasistencia, Axuda no Fogar e Xantar na Casa
xoves, 9 dec 2021
O importe, próximo aos 19.000 euros, foron para os pagos de alugueiro, aloxamento, hipoteca e o pago da factura da luz.
xoves, 9 dec 2021
Na propia praza do Calvario, este xoves foi presentada a imaxe que viste o boleto do sorteo do próximo martes, 14 de decembro. Cinco millóns e medio de cupóns levarán por España ao popular mercado municipal vigués, como parte da serie “Este es tu mercado” promovida pola ONCE.
xoves, 25 nov 2021
O goberno de Vigo aprobou este xoves o proxecto para adaptar o baixo do edificio municipal do Camiño do Chouzo, cun orzamento de 627.000 euros. O alcalde solicitou que sexa financiada cos fondos europeos que o Goberno de España transfire á Xunta e recibiu o beneplácito da ministra de Educación, segundo afirmou.