O Concello coopera na formación de persoas en risco de exclusión para romper a fenda dixital
Abel Caballero achegouse esta mañá ao Auditorio Municipal para participar na entrega de diplomas de 35 persoas en risco de exclusión social que veñen de realizar un obradoiro para adquirir habilidades dixitais. O obxectivo é romper a fenda dixital para que ninguén quede atrás no avance tecnolóxico.
O alcalde participou esta mañá na entrega de diplomas do obradoiro “Habilidades dixitais”, iniciativa incluída no Plan de Inclusión municipal dirixida en risco de exclusión social. O obxectivo, dixo o rexedor, romper a fenda dixital é proporcionar igualdade de oportunidades para mellorar o seu coñecemento, as súas habilidades sociais e relacionais.
Foron 35 os alumnos e alumnas que esta mañá recolleron un diploma acreditativo da formación recibida en utilización correcta e segura dos smartphones nas súas distintas funcionalidades, iniciándoos nas xestións telemáticas coas administracións públicas.