xoves, 15 feb 2007
O Concello e a Xunta de Galicia colaborarán na integración social dos emigrantes retornados e dos inmigrantes coa posta en marcha, por parte do Concello dunha unidade de información, orientación e asesoramento xurídico e socio-laboral, que será financiada pola Xunta cunha achega de algo máis de 80.000 euros.
xoves, 15 feb 2007
El Ayuntamiento y la Xunta de Galicia colaborarán en la integración social de los emigrantes retornados y de los inmigrantes con la puesta en marcha, por parte del Ayuntamiento, de una unidad de información, orientación y asesoramiento jurídico y socio-laboral, que será financiada por la Xunta con una aportación de algo más de 80.000 euros.
martes, 13 feb 2007
A Festas do Maiores que se celebrou na tarde do martes no Nova Olimpia foi o escenario elixido pola alcaldesa para presentar o programa municipal de Ocio de Maiores para o ano 2007. O obxectivo xeral do mesmo é facilitar os espacios e as actividades de ocio, espallamento e tempo libre para o desenvolvemento e a adquisición de hábitos saudables.
xoves, 8 feb 2007
Vitrasa entregou hoxe xoves nas súas instalacións á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui catro autobuses cargados de alimentos e medicinas para os refuxiados de Tinduf, nun acto ao que asistiron a concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, e o director de Vitrasa, Juan Carlos Villarino.
xoves, 8 feb 2007
Vitrasa entregó hoy jueves en sus instalaciones a la Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui cuatro autobuses cargados de alimentos y medicinas para los refugiados de Tinduf, en un acto al que asistieron la concejala de Bienestar Social, Marta Iglesias, el concejal de Mobilidad y Seguridad, Antonio Coello, y el director de Vitrasa, Juan Carlos Villarino.
venres, 2 feb 2007
A concellería de Benestar Social promove o concerto "Estrelas de hoxe para mañá" que a Fundación Benéfica Yuri Rozum ofrecerá en Vigo o próximo día 7 de febreiro ás 20.30 horas no centro Cultural Caixanova. O concerto estará a cargo do pianista ruso Yuri Rozum e dos nenos da mesma nacionalidade Artem Naumov (violín), Mikhail Mering (clarinete), Sergey Finoedov (oboe), Dimitriy Shishkin (piano) e Alena Prosolupova (violín).
martes, 23 xan 2007
A asociación Unidade Provincial de Parapléxicos da Coruña entregará este xoves ao Concello de Vigo un dos premios Millenium Século XX-XXI polo seu labor "exemplar na eliminación de barreiras arquitectónicas" durante 2006.
martes, 23 xan 2007
La asociación Unidad Provincial de Parapléjicos de A Coruña entregará este jueves al Ayuntamiento de Vigo uno de los premios Millenium Siglo XX-XXI por su labor "ejemplar en la eliminación de barreras arquitectónicas" durante 2006.
luns, 22 xan 2007
Dez alumnos da Fundación Integra, de axuda a persoas con discapacidade intelectual, realizarán prácticas formativas de dous meses nas dependencias municipais, grazas ao convenio asinado hoxe martes pola alcaldesa, Corina Porro, e a presidenta da Fundación, Rita Blanco.
mércores, 17 xan 2007
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, visitou hoxe mércores no Pavillón das Travesas os grupos de ximnasia de mantemento e natación do programa de Deporte para Maiores do Concello.