Santi Domínguez reafirma o seu apoio e compromiso co traballo desenvolvido pola unidade asistencial de Cedro
O tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez, amosou este xoves o seu apoio e compromiso co labor que desenvolve a unidade asistencial de drogodependencias Cedro durante a visita que realizou hoxe ao centro acompañado pola concelleira de Benestar Social, María Méndez. Santi Domínguez quixo agradecer persoalmente e traballo que están a facer os 36 traballadores de Cedro, ao tempo que valorou a implicación e adicación que amosan no seu quefacer diario.<br />
Santi Domínguez destacou que con esta visita quere demostrar o seu "máis absoluto respaldo" ás persoas que diariamente traballan con drogodependentes. Esta unidade atendeu o ano pasado un total de 1.239 usuarios, unha cifra lixeiramente superior á correspondente ao 2006, cando foron atendidas en Cedro 1.216 persoas. Este incremento foi máis notable no caso das persoas que solicitaron tratamento, cando se contabilizaron 247 usuarios, con 130 casos novos.
O tenente de alcalde aproveitou a visita para anunciar que o vindeiro ano cando se elabore a Carta Viguesa da Calidade de Vida vaise ter especial atención á realidade social deste colectivo e á incidir na prevención das drogodependencias. A este respecto adiantou que se van organizar cursos dirixidos aos pais e nais sobre as diferentes tarefas de prevención das drogodependencias que se poden desenvolver.
Pola súa banda a concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou o bo traballo que se está a desenvolver a través de todos os recursos específicos do Concello de Vigo para a asistencia as presoas con drogodependencias, a través de equipos de rúas, pisos de apoio ao tratamento, equipos de prenvención ou o Plan Local Sobre Drogodependencias que cumpre este agora 10 anos. Explicou que a Concellería de Benestar Social adica nos seus orzamentos do 2007 un total de 1,5 millóns de euros a estas actividades e a convenios con direrentes entidades e asociacións de apoio.
Descargar todas as imaxes