xoves, 26 xuñ 2008
Ángel Rivas e Laura López Atrio fixeron este xoves un repaso ás actuacións máis destacadas dous seus departamentos. A edil de educación resumíu o seu labor no "diagnose, análise e mellora" da oferta educativa da cidade, e o concelleiro salientou o seu traballo "de proximidade" cos vigueses, facendo un seguemento das súas queixas ata ter resolto "máis do 70%" dos expedientes tramitados.
xoves, 26 xuñ 2008
As concelleiras de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e de Educación, Laura López Atrio, e o vicerreitor de Relacións Insitucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, asinaron este xoves un convenio de colaboración para iniciar en setembro unha campaña de información sobre o ensino bilingüe en Galiza. "Está en vigor un decreto sobre o uso do galego e o español e queremos achegar información á comunidade educativa e á cidadanía en xeral sobre o seu contido e o seu desenvolvemento", explicaron as concelleiras do goberno local.
xoves, 26 xuñ 2008
O alcalde, Abel aballero e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, inauguraron esta mañá a Feira da Construcion de Galicia que permanecerá aberta no IFEVI ata o 29 de xuño e na que participan máis de 400 empresas.
xoves, 26 xuñ 2008
A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz marcará esta noite o inicio da cuarta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008, ás 22 horas no Centro Cultural Caixanova, segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. "De novo o jazz de calidade volve a Vigo", subliñou o edil quen sinalou que o festival desenvolverá diversas actividades paralelas, como a exposición de fotografías que pode contemplarse no Café La Galería, que quere ser unha homenaxe ao Manteca Jazz e onde se recollen imaxes de anteriores edicións do Imaxina Sons.<br />
<br />
xoves, 26 xuñ 2008
"Resulta moi importante para a cidade non perder a gran estela que nos deixou o concerto de Lenny Kravitz no Instituto Feiral de Vigo", salientou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, ao respecto do concerto que Bob Dylan ofrecerá o vindeiro 27 de xuño no recinto do IFEVI. Co obxectivo de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento haberá a disposición do público dúas lanzadeiras, que sairán do Areal e da Praza Eugenio Fadrique.<br />