A cuarta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons comeza coa celebración do 25 aniversario de Clunia
A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz marcará esta noite o inicio da cuarta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008, ás 22 horas no Centro Cultural Caixanova, segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. "De novo o jazz de calidade volve a Vigo", subliñou o edil quen sinalou que o festival desenvolverá diversas actividades paralelas, como a exposición de fotografías que pode contemplarse no Café La Galería, que quere ser unha homenaxe ao Manteca Jazz e onde se recollen imaxes de anteriores edicións do Imaxina Sons.<br /> <br />
"Hoxe terá lugar un dos pratos fortes do festival", indicou o concelleiro de Cultura, quen explicou que Clunia é unha das "bandas míticas coas que nace o jazz en Galicia nos anos oitenta", da man de Baldo Martínez (contrabaixo), Nani García (piano), Francisco Llorca (batería) e o xa desaparecido Antonio Cal (saxofón). Lembrou, así mesmo, que a agrupación foi gañadora do primeiro premio do Festival Internacional de Jazz de San Sebastián, no ano 1982. "Teremos a fortuna de vivir unha noite inolvidable", apuntou Xesus López. O edil nacionalista agradeceu o traballo desenvolvido por Xesús López Moure, coordinador do festival, e Baldo Martínez, director técnico e integrante de Clunia, ambos presentes na presentación do festival.
O coordinador de Imaxina Sons agradeceu, pola súa banda, o apoio amosado polo Concello de Vigo, e manifestou a súa esperanza de que esta cuarta edición sexa "un punto e seguido" na historia do festival. "Para min é un pracer poder celebrar o 25 aniversario de Clunia", salientou Blado Martínez, quen tamén expresou a súa satisfacción como director artístico do festival pola programación deste ano. Nani García tamén sinalou que para el é unha "ledicia volver a tocar cos compañeiros" e adiantou que no concerto desta noite tocarán un repertorio novo "que posiblemente dará pé á gravación dun novo disco e a unha xira". Unha das novidades radicará no cambio da formación de cuarteto a quinteto, coa actuación conxunta con Matthew Lee Simone, quen recoñeceu que a proposta de formar parte de Clunia lle fixo "unha gran ilusión". No mesmo sentido se manifestou Fernando Llorca, quen recoñeceu a "ilusión" que lle produce a actuación desta noite.
O Imaxina Sons é un festival que non só dedica a súa atención as propostas europeas de jazz, senón tamén as galegas, como o amosa o concerto que ofrecerá mañá, 27 de xullo, a artista viguesa Lucía Martínez, líder do grupo Lucía Martínez Cuarteto, proxecto co que vén de grabar o seu primeiro traballo Soños e delirios. A actuación terá lugar no Auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música ás 20.30 horas. Xa ás 01.30 horas, no marco do ciclo Jazz na Noite, o Manteca Jazz acollerá a actuación de Calixto Oviedo Trío.
Os outros dous pratos fortes do Imaxina Sons, segundo apuntou o concelleiro de Cultura, son a actuación de Wayne Shorter Quarter, o día 29 de xuño, e o concerto de clausura do festival, o día 6 de xullo, que correrá a cargo de Atomic/ School Days con Ken Vandermark, ambos no Centro Cultural Caixanova. As entradas para estes concertos poden mercarse na web www.caixanova.es e no teléfono 902.504.500. O prezo en butaca é de 30,60 euros; en primeiro anfiteatro, 28,050 euros; en segundo anfiteatro, 25,50 euros; e en terceiro anfiteatro, 22,95 euros.
Descargar todas as imaxes