Escoitar

Estopa presenta o sábado en Vigo o seu disco Allenrok<br />

O IFEVI acolle este sábado, día 28, a partir das 22.30 horas, o concerto de Estopa no que presentará o seu quinto e derradeiro disco Allenrok, do que xa levan vendido máis de 200.000 copias e que ven de presentar en rolda de prensa o concelleiro de Cultura, Xesus López.

mércores, 25 xuñ 2008
1214395304P6250092.JPG
Allenrok, novo album de Estopa é unha homenaxe a súa cidade – Cornellá- , unha cidade fundamentalmente construída sobre a inmigración que os veu medrar e triunfar. O quinto disco dos irmáns José e David Muñoz é un album de 12 cancións que evidencian doce estados de ánimo diferentes.

O concerto de Estopa chegará a Vigo cun gran despliegue técnico: 7 trailers, 65 persoas fixas, 4 grandes torres de casi 14 m. que aportarán 150.000 watios de son reales e 400.000 watios de luz acompañadas de cinco pantallas para non perder detalle do concerto.

O concerto comezará ás 22.30 horas e as entradas poden adquirirse en Caixanova, Tktakticket ou no Corte Inglés a un prezo de 26,50 euros en anticipado , ou a 29,50 o día do concerto.

O concelleiro Xesus López lembrou que despois do concerto de Estopa, Vigo acollerá o mes de xullo os concertos de Pereza o día 4; de Roger Hodgson o 23 ; de Rubén Blades o 30; o mes de agosto será o 2 La 5ª estación; os días 2 e 3 o festival Creamfields con The Cheminal Brothers, Vitalic live, Alexander Kowalski live e os días 8 e 9 o festival AlternaVigo.

Descargar todas as imaxes