martes, 24 xuñ 2008
O proxecto "O noso taxi", que ten por obxectivo mellorar a capacidade de mobilidade das persoas con dependencia, entrará en funcionamento no mes de setembro, segundo anunciou este martes o tenente de alcalde tras a reunión que mantivo con representantes da Asociación Provincial de Autopatronos do Taxi. O encontro, no que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez. servíu para "concretar os últimos flecos desta iniciativa, que era unha promesa electoral do BNG nas pasadas eleccións municipais", salientou Santi Domínguez.
martes, 24 xuñ 2008
A concelleira de Economía y Facenda, Parques e Xardíns e Limpeza, Raquel Díaz, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor, repasaron hoxe martes as principais actuacións levadas a cabo no primeiro ano ao fronte dos seus respectivos departamentos. O balance é positivo, destacando o Plan Municipal de Emprego, as subvencións ás entidades viguesas, o orzamento municipal, o plan de axardinamento no rural, e o dispositivo de limpeza do botellón.
martes, 24 xuñ 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, visitaron este martes a Casa da Xuventude co obxectivo de coñecer de primeira man as demandas e inquedanzas dos mozos e mozas da cidade, xa que este é un colectivo ao que sempre estivo moi achegado. Durante a visita, que se enmarca na rolda de encontros que os concelleiros e concelleiras do BNG realizan periodicamente con distintos colectivos sociais, culturais, veciñais e deportivos da cidade, Santi Domínguez amosou a súa satisfacción polo traballo que se está a desenvolver dende a Casa da Xuventude.