As humanizacións do entorno de Povisa e Sanjurjo Badía comezarán a mediados de xullo
O alcalde informou este luns, tras a celebración da Xunta de Goberno Local, que os traballos para a mellora destas dúas zonas da cidade durarán entre 5 e 6 meses, co que "a principios de ano" estarán concluídas. Abel Caballero explicou os orzamentos das humanizacións, que superan os 2,7 millóns de euros, e salientou a aprobación da reforma do entorno do mercado de Bouzas. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local das adxudicacións das humanizacións, na súa primeira fase, do entorno de POVISA e da rúa Sanjurjo Badía.
Ambas melloras, segundo anunciou o rexedor municipal, darán comezo na segunda semana de xullo e estarán remataras "a principios de ano", xa que as obras de Sanjurjo Badía contemplan un prazo de execución de 6 meses e ás de POVISA, de 5 meses. O orzamento supera os 2,7 millóns de euros.
Ademais, Abel Caballero salientou o visto bo da Xunta de Goberno á humanización do entorno do mercado de Bouzas, que completa a xa aprobada da Alameda do barrio vigués. O valor da licitación ascende aos 313.000 euros, que o Concello remitirá á Consellaría de Vivenda e Solo e ao Ministerio de Fomento, para que ambas institucións asuman o seu financiamento.
Servizo de recollida de residuos
O mandatario local salientou asemade a adxudicación do contrato do servizo de recollida de residuos a SOGAMA, por un valor de 7.065.000 euros e valido os vindeiros dous anos, prorrogable polo mesmo período de tempo. O prezo por tonelada métrica que trate a planta ascende a 58,45€.
A contratación se levou a cabo, segundo aclarou o alcalde, "con dotación orzamentaria e legalidade", xa que asesoría xurídica e contratación validan o acordo antes da aprobación definitiva por parte da Xunta de Goberno Local, un sistema que se deixou de empregar en 2005.
Abel Caballero aproveitou a ocasión para felicitar á concelleira de Limpeza, Raquel Díaz, porque a cidade recibiu a escoba de platino, o "recoñecemento máximo" da limpeza dunha cidade "por primeira vez nos últimos anos", salientou o alcalde, galardón que pretende "renovar indefinidamente", seguindo o exemplo de Oviedo, que leva cinco anos consecutivos recibindo esta distinción, afirmou Caballero.
Melloras do abastecemento e saneamento
A Xunta de Goberno Local tamén autorizou a Aqualia, empresa encargada da xestión integral da auga na cidade, a realización de obras de abastecemento e saneamento por valor de 500.000 euros, nas que se inclúen o colector de Ría, a renovación da rúa Vázquez Varela e da estrada N-555, e a conexión con Redondela, para o que se asinou un convenio co Concello veciño.