Escoitar

I Torneo Internacional Balonmán Base

O Club de Balonmán de Lavadores organiza entre os días 25 ó 28 de xuño o I Torneo Internacional Balonmán Base no que participarán 8 clubs e 20 equipos e que ven de presentar hoxe venres en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso e representantes do club.

venres, 20 xuñ 2008
1213965180P6200076.JPG
O concelleiro lembrou que o club Unión Baloman Lavadores foi desde os seus comezos, un importante xerador de atletas na actividade de balonman, traballando intensamente desde as bases, por iso comprométese a realizar este novo campionato.

No torneo participaran 20 equipos das categorias de infantil e cadete procedentes dos clubs madrileños de Alcobendas e Menesianos; portugueses de Gaia, Braiense e Alavenium, e os galegos Teucro, Seis do Nadal e Lavadores.

Os deportistas disporán tamén de tempo de ocio para coñecer a cidade e realizar actividades lúdicas.
Descargar todas as imaxes