O luns da comezo a construcción do aparcadoiro de Castelao
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres o acta de replanteo que supón o inicio, o vindeiro luns, dos traballos de construción do futuro aparcadoiro na rúa Castelao. O de Coia súmase aos outros tres parkings xa en obras, en Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro e Jenaro de la Fuente. Sen restriccións para a circulación, en menos de dous anos estará rematado e en funcionamento.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, procedeu este venres á sinatura do acta de replanteo do futuro aparcadoiro de Castelao, na parroquia viguesa de Coia, acto formal que supón o inicio dos traballos do que é o cuarto parking que está na actualidade en proceso de construción na cidade.
O orzamento da obra supera os 9,3 millóns de euros, e os traballos estarán rematados en 23 meses. Desde xeito, en menos de dous anos poderán facer uso do aparcadoiro un total de 405 vehículos, das que se reservan 203 para residentes e 8 máis para discapacitados. As restantes serán estacionamentos rotatorios.
Como nos demais aparcadoiros en obras, se aplica en Castelao o método construtivo inverso, xa que incide en menor medida no desenvolvemento do tráfico na zona. Na primeira fase dos traballos, que dan comezo este luns, a empresa só ocupará os carrís de estacionamento a ambos marxes da Avenida, sen afectar por tanto á circulación de vehículos en ningún dos sentidos.
Na actualidade, o departamento municipal de Transporte e Mobilidade está a estudar a necesidade de establecer cambios de tráfico nalgunha rúa do contorno e a prohibición do xiro á esquerda desde Avda de Castelao cara á rúa Estrada.
Tras os 23 meses, a situación final da zona será de 3 carrís en cada sentido con dársenas para transporte público, carga e descarga e discapactados, e carril de estacionamento na marxe da Avenida dos números pares. Os traballos non terá incidencias nos parques nin nas zonas axardinadas de Castelao.
Descargar todas as imaxes