Escoitar

O I Encontro Empresarial entre Galicia e América Latina comeza o domingo con máis de 200 reunións de negocios programadas<br />

Máis de 200 reunións de traballo entre 25 empresas latinoamericanas e 70 viguesas e galegas conforma o programa do primeiro Encontro Empresarial entre Galicia e América que comeza o domingo, 22 de xuño, según anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Trátase dunha iniciativa froito do traballo conxunto entre a Concellería de Comercio, Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Cámara de Comercio, entre outras entidades, e que conta co apoio da Xunta de Galicia, que se desenvolverá na cidade ata o vindeiro 25 de xuño, cando os empresarios voltarán aos seus países de orixe.

venres, 20 xuñ 2008
1213965632ronda.JPG
"É importante que nun momento de crise económica as empresas teñan cauces para establecer roldas de contacto e abrir novas vías de negocio", salientou Santi Domínguez, quen explicou que no encontro participarán 25 empresas procedentes dez países Latinoamericanos, entre os que figuran México, Uruguai, Arxentina ou Venezuela, entre outros, que poderán coñecer de primeira man a realidade empresarial de entidades como o Porto, Zona Franca, a Universidade ou Citroën. Segundo o tenente de alcalde, o éxito da iniciativa radicará no feito de que os máis de 200 encontros previstos están programados en función do interese de negocio de cada empresa e do seu sector, entre os que mencionou pesca, novas tecnoloxías, acuicultura ou construción naval.

As xornadas comezarán o domingo ás 9 horas, cunha recepción no Pazo de San Roque aos participantes que ofrecerán o alcalde e o tenente de alcalde, e posteriormente darán comezo as sesións de traballo e as diferentes visitas. Así, o mesmo domingo, ás 11 horas está prevista a visita á Zona Portuaria e ás 16 horas á cidade de Vigo. O luns, a xornada comezará cunha sesión solemne presidida polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e acto seguido iniciaranse as reunións de traballo cunha mesa redondo, a visita á factoría de Citroën ás 11.30 horas e xa pola tarde, ás 16.30 horas, terá lugar unha sesión de traballo na Universidade. A xornada rematará cunha recepción oficial en Castrelos ás 21 horas. O martes, día 24, a xornada estará adicada á celebración das roldas de negocios no Pazo de San Roque, que só será interrumpida polo xantar que se ofrecerá co corpo consular da cidade de Vigo, que terá lugar no hotel Pazo Los Escudos.

"Queremos transmitir a imaxe de Vigo como unha cidade moderna, dinámica e xeradora de negocios", salientou Santi Domínguez, quen sinalou que o obxectivo a medio prazo é conseguir que a cidade sexa sede de encontros empresariais. Para acadar este fin, segundo o tenente de alcalde, teñen unha gran importancia as negociacións que se están levando a cabo coa Fundación Convention Bureau. "O traballo que estamos a desenvolver servirá para apostar polos congresos de tipo económico", subliñou.
Descargar todas as imaxes