Escoitar

Exposición do pintor e ilustrador Santiago Jorge no PuntoXove

O espazo municipal PuntoXove , dependente da concellería de Xuventude, acolle do 23 de xuño ao 8 de xullo unha mostra do traballo de Santiago Jorge. O pintor e ilustrador, nace na Illa da Palma, no ano 1962; realizou múltiples exposicións en La Palma, Santa Cruz de Tenerife, A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago e Madrid. Compaxina a súa produción pictórica coa ilustración publicitaria gañando varios certames de carteis, e coa docencia, impartindo clases de "Expresión Artística".

luns, 23 xuñ 2008
1214223453jjjj.jpg
A súa traxectoria artística pasou pola Abstracción, o Pop-Art, o Realismo, etc. Todas estas tendencias e estilos confirman a súa filosofía ou actitude ante a pintura "Pintar polo gozo de pintar", non pretendendo dar discursos estéticos.

As claves da súa obra están na cor, na pincelada e nunha temática cálida, vital e positiva.

O Punto Xove está na rúa López de Neira 27 Tlf: 986 223004. Horario en xullo: de luns a venres de 9:30 a 14:30 e de luns a mércores de 17 a 20 hrs.

O Punto Xove é un espazo de recursos e información á mocidade en temas de emprego, estudos, cursos, turismo, voluntariado, e calquera outro tema de interese. Conta con prensa diaria, taboleiros informativos, servizo de acceso a internet gratuíto (durante 1 hora diaria), sistema de conexión wifi, espazo de estudo e tramitación do carné xove.Tamén conta cun espazo artístico que se pode solicitar para expoñer obras( pintura, cómic, fotografía, audiovisuais,...) e sala multiusos para a realización de diferentes actividades.
Descargar todas as imaxes