mércores, 25 xuñ 2008
Un novo marcador dixital dotado cun panel solar inaugurado hoxe pola concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, na confluencia das rúas Ronda de Don Bosco e Príncipe, co obxectivo de "lembrar ás mulleres asasinadas por violencia de xénero", que no que vai de ano xa son 28. A edil explicou que este novo contador substitúe ao anterior, instalado nese mesmo punto o pasado mes de novembro, e que "en breve" será trasladado á lonxa do Concello.
mércores, 25 xuñ 2008
No marco das diversas iniciativas que está a desenvolver o Concello de Vigo para dinamizar o Casco Vello, entre o 27 de xuño e o 13 xullo trece locais do barrio histórico da cidade participarán na terceira edición do Concurso de Tapas, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez. "Nestas xornadas ofertaránse racións de variada elaboración, segundo o elixido por cada local, cun prezo dun euro cada unha", explicou o tenente de alcalde.
mércores, 25 xuñ 2008
A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz é un dos pratos fortes que este ano presenta o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008 que se desenvolverá en defierentes espazos da cidade e desenvolverá diversas actividades paralelas, do 26 de xuño ao 6 de xullo. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesús López o "Imaxina Sons xa é un festival de obrigada referenza no panorama musical europeo que non só dedica especial atencións as propostas europeas, senón tamén as galegas".<br />
<br />
mércores, 25 xuñ 2008
O IFEVI acolle este sábado, día 28, a partir das 22.30 horas, o concerto de Estopa no que presentará o seu quinto e derradeiro disco Allenrok, do que xa levan vendido máis de 200.000 copias e que ven de presentar en rolda de prensa o concelleiro de Cultura, Xesus López.
mércores, 25 xuñ 2008
Co obxectivo de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento, Tenencia de Alcaldía vén de habilitar un servizo gratuíto de autobuses para desplazarse ao concerto que Bob Dylan ofrecerá o venres, 27 de xuño, no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi). Segundo explicou o tenente de alcalde Santi Domínguez, haberá a disposición do público dúas lanzadeiras, que sairán do Areal e da Praza Eugenio Fadrique.<br />