Vigo presenta os niveis de sinistralidade máis baixos desde 1984
Así o reflexa a memoria de actividades da Policía Local do pasado 2007, presentada este martes polo concelleiro de Transporte, Mobilidade e Seguridade, Xulio Calviño, e o Xefe da Policía Local, Carmelo Castillo. En 1984 comezou a elaborarse este rexistro e desde entón "estamos en curva descendente" na accidentalidade, acadando o pasado 2007 as mellores cifras, segundo informou Castillo.
O concelleiro de Transporte, Seguridade e Mobilidade, Xulio Calviño, e o Xefe da Policía Local, Carmelo Castillo, presentaron este martes a memoria de actividades do pasado ano 2007. Da mesma se desprende que "estamos en curva descendente" na accidentalidade en Vigo, pois presenta "os niveis máis baixos de sinistralidade desde 1984", ano no que comezou a elaboración dos rexistros, explicou Castillo.
No tocante á seguridade viaria, o edil de Tráfico salientou que o número de sinistros diminuíu en 174 casos no 2007, con respecto ao 2006. Tamén melloraron as cifras de atropelos o que supón un "cambio de tendencia", argumentou Calviño, atendendo a anos anteriores. O obxectivo, afirmou o concelleiro, é que a cidade conte con "unha das mellores policías de España".
Carmelo Castillo, pola súa banda, destacou a mellora dos datos do número de falecidos e sinistros, entre outros. O Xefe da Policía explicou que a "sinistralidade está en descenso permanente", aínda que manifestou ter a "espiña" do número de feridos, graves e leves, que se incrementou levemente.
A causa, segundo argumentaron ambos poñentes, reside no aumento do censo de vehículos de dúas rodas, que presenta unha maior lesividade. Castillo explicou que conseguiuse reducir o número de feridos graves destes condutores, básicamente polo extensivo uso do casco, e se está a estudar a incorporación de novas medidas para atallar a sinistralidade "inmensamente superior" das motocicletas e ciclomotores fronte aos coches.
Os condutores vigueses xa perderon 4730 puntos, desde que se comezou a aplicar esta normativa, aínda que quedan moitos por tramitar á Dirección Xeral de Tráfico, xa que se denunciaron infraccións por un total aproximado de 50.000 puntos.
Descargar todas as imaxes