Escoitar

Raquel Díaz e Santos Héctor fan un balance positivo do seu primeiro ano como concelleiros

A concelleira de Economía y Facenda, Parques e Xardíns e Limpeza, Raquel Díaz, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor, repasaron hoxe martes as principais actuacións levadas a cabo no primeiro ano ao fronte dos seus respectivos departamentos. O balance é positivo, destacando o Plan Municipal de Emprego, as subvencións ás entidades viguesas, o orzamento municipal, o plan de axardinamento no rural, e o dispositivo de limpeza do botellón.

martes, 24 xuñ 2008
1214306728P6240086.JPG
Raquel Díaz e Santos Héctor fixeron este martes balance do seu primeiro ano a cargo dos seus respectivos departamentos municipais, unha valoración que cualificaron de "positiva", salientando a aprobación do Plan Municipal de Emprego e dos maiores orzamentos da historia da cidade, ou a rexeneración das zonas axardinadas en todo Vigo e o dispositivo de limpeza dos restos do botellón.

Santos Héctor comezou resaltando, ademais do Plan de Emprego 2007-2011, o servizo de orientación laboral, as escolas obradoiro e o programa Vigo Emprende, a través do cal se constituíron un total de 98 empresas de novas tecnoloxías, atención á dependencia, etc.

No tocante á participación cidadá, o edil subliñou o achegamento das novas tecnoloxías aos barrios e parroquias de Vigo, coa incorporación de 20 unidades informáticas en distintas asociacións da cidade. Ademais, durante este ano se ubicaron a 10 entidades en outros tantos locais municipais, e se asinaron varios convenios con asociacións sindicais, coa Federación de Peñas El Olivo, con Agarimo, entre outras.

Raquel Díaz, pola súa banda, explicou as actuacións principais de Economía e Facenda, comezando pola modificación orzamentaria aprobada para facer fronte aos 9 millóns de euros de débeda, segundo salientou a concelleira, e a elaboración dos "orzamentos máis elevados da historia de Vigo", con 231 millóns de euros, configurados para "mellorar os aspectos sociais" da cidade: bonificacións fiscais para as familias monoparentais, para as persoas dependentes, para as vítimas de violencia de xénero ou para os maiores de 65 anos. Así, se benefician uns 1000 contribuíntes de escasos recursos económicos este 2008, citou Díaz.

Nos parques e xardíns, a edil explicou que un dos obxectivos do goberno é levar as actuacións a toda a cidade e non únicamente no centro. Baixo esta premisa, a concelleira citou os axardinamentos realizados nas parroquias, como Valadares ou Coia, as melloras en 10 parques infantís vigueses, e a instauración e renovación do mobiliario urbano.

A limpeza caracterizouse neste ano por dar unha "atención prioritaria no rural", subliñou Raquel Díaz, con brigadas dedicadas "exclusivamente" ás aforas da cidade, e unha so para a limpeza das praias e os seus accesos.

Os residuos derivados do botellón tamén precisou da atención deste departamento, que coordinou os esforzos dos distintos servizos implicados e reforzou a dotación para que as zonas de movida nocturna estean limpas antes das dez da mañá, explicou a edil. Ademais citou a limpeza e mantemento dos contedores e do seu entorno, o incremento da recollida selectiva para o reciclaxe, e a contratación dun servizo de mantemento dos contedores soterrados, que "nunca se contratara anteriormente", destacou Díaz.

Todas estas actuación fixeron á cidade merecedora do "máximo galardón de limpeza para unha cidade", salientou a socialista, a escoba de platino.



Descargar todas as imaxes