Escoitar

Santi Domínguez visita a Casa da Xuventude para coñecer de primeira man as demandas da mocidade

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, visitaron este martes a Casa da Xuventude co obxectivo de coñecer de primeira man as demandas e inquedanzas dos mozos e mozas da cidade, xa que este é un colectivo ao que sempre estivo moi achegado. Durante a visita, que se enmarca na rolda de encontros que os concelleiros e concelleiras do BNG realizan periodicamente con distintos colectivos sociais, culturais, veciñais e deportivos da cidade, Santi Domínguez amosou a súa satisfacción polo traballo que se está a desenvolver dende a Casa da Xuventude.

martes, 24 xuñ 2008
1214313878xuventude.jpg
Santi Domínguez e Iolanda Veloso interesánronse por coñecer as inquedanzas que plantexa a mocidade e os distintos servizos que demanda na Casa da Xuventude. Así, comentaron o inicio dos campamentos de verán, que este ano este ano incrementaron nun 150 por cento as súas prazas e duplican as instalacións nos que se desenvolven. Na edición deste ano ofértanse máis de 1.500 prazas, debido ao incremento non campamentos e actividades desenvolvidas na propia cidade.

O tenente de alcalde lembrou a súa etapa como concelleiro de Xuventude, época na que se puxeron en marcha diversos proxectos que hoxe en día reúnen a centos de xoves, como as Tardes e Noites Vivas ou o Súbete ao Castro, e sinalou a importancia de coñecer de primeira man as inquedanzas da xuventude para adecuar os servizos que se ofrecen nas diversas instalacións.


Descargar todas as imaxes