Escoitar

O Festival de Jazz Imaxina Sons volve a Vigo do 26 de xuño ao 6 de xullo

A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz é un dos pratos fortes que este ano presenta o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008 que se desenvolverá en defierentes espazos da cidade e desenvolverá diversas actividades paralelas, do 26 de xuño ao 6 de xullo. Segundo o concelleiro de Cultura, Xesús López o "Imaxina Sons xa é un festival de obrigada referenza no panorama musical europeo que non só dedica especial atencións as propostas europeas, senón tamén as galegas".<br /> <br />

mércores, 25 xuñ 2008
1214398250logoimaxina.jpg
O concerto inaugural, que celebrará o 25 aniversario de Clunia Jazz, terá lugar o xoves, 26 de xuño, no Centro Cultural Caixanova. Tamén neste espazo celebrarase a actuación de Wayne Shorter Quarter, o día 29 de xuño, e o concerto de clausura do festival, o día 6 de xullo, que correrá a cargo de Atomic/ School Days con Ken Vandermark. No Conservatorio Superior de Música terán lugar as actuacións de Lucía Martínez Cuarteto, o 27 de xuño; Marcelino Galán Zinco, Simoni Guiducci Gramelot Ensemble, o 28 de xuño; e Enrico Rava Quinteto, o 29 de xuño. No salón de actos do Marco terán lugar os concertos solistas de Américo Rodrigues o 30 de xuño; Antonio Bravo, o 1 de xuño; e Barry Guy, o 2 de xullo. No Auditorio Municipal actuarán Stefano Bollani, o 3 de xullo; Barry Guy New Orquestra, o 4 de xullo; Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio, o 5 de xullo; e Javier Vercher Sextet, o 6 de xullo.

Programación para o xoves, 26 de xuño
Relación de concertos e actividades previstas para o xoves, día 26 de Xuño, no Festival Internacional de Jazz de Vigo, Imaxina Sons ’08.

- JAZZ NO VITRASA
Antes de dar comenzo a actuación do "Pasarrúas", parte do grupo invitado ofrecerá pequenas interpretacións en clave de jazz a bordo do bus urbano que o trasladará ata o lugar previsto no programa.

- PASARRÚAS
"Doctor Macaroni Latin-Jazz Brass"
- 13 horas: Zona peonil do Calvario
-19 horas: Centro Comercial Camelias
- 21 horas: Príncipe-Policarpo Sanz-remate no C.C. Caixanova

- CONCERTO
"Clunia 25 Aniversario" con Matthew Lee Simon como invitado especial.
- Centro Cultural Caixanova 22:00 horas.
Prezo: 12-€ (butaca); 11-€ (1º anf.); 10-€ (2º anf.); 9-€ (3º anf.)

- JAZZ NA NOITE
"Nuria Cora Quartet"
-Pub Quomo. 0:00 h.
1214398250logoimaxina.jpg
1214398375clunia.jpg
Descargar todas as imaxes