Chus Lago e Xulio Calviño destacan a prioridade dada neste primeiro ano de goberno á seguridade e á sostibilidade
A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, e o concelleiro de Transporte, Mobilidade e Seguridade, Xulio Calviño, fixeron este mércores o balance do primeiro ano de goberno ao fronte dos seus respectivos departamentos municipais. Ambos destacaron a priorización dada á seguridade dos cidadáns e ao coñecemento e respecto ao entorno natural.<br />
Chus Lago e Xulio Calviño destacaron o ano "positivo" ao fronte dos departamentos de Medioambiente e Tráfico, respectivamente, presentando este mércores as principais actuacións levadas a efecto nestes 12 meses.
Calviño enfatizou a "prioridade" dada á seguridade viaria, citando a instalación de pasos elevados, a instauración do carné por puntos como medida disuasoria, a prohibición da entrada do tráfico pesado polo centro da cidade, ou a mellora da sinalización horizontal e vertical, entre outras.
No tocante á seguridade, o concelleiro salientou "a oferta de ampliación de plantel máis importante dos últimos anos": 19 para os Bombeiros e 25 novas prazas para a Policía Local, que se suman aos 26 policías máis xa incorporados neste ano. Calviño destacou asemade á renovación da flota de ambas entidades, e as negociacións para ubicar nos terreos portuarios de Bouzas un novo centro de Bombeiros, conversas "que van francamente ben", adiantou o edil.
Na mobilidade, Xulio Calviño enumerou algunhas actuacións para a súa mellora, como a eliminación do tráfico pesado e a ordenanza de carga e descarga, que supón unha mellora tanto para os cidadáns como para os profesionais. A Xestión de Estacionamento Regulado, a antiga ORA, "será unha XER modélica nun breve prazo de tempo", explicou o concelleiro, e axudará a fomentar a rotación do tráfico.
Calviño subliñou tamén a ampliación do servizo do transporte público, coas novas liñas ao Meixoeiro e á factoría de Citroën, e a provisional ao Parque Tecnolóxico de Vigo. Ademais, a tarxeta verde, "o xeito de pago do 75% dos cidadáns", veu conxelados os seus prezos e, desde o 1 de xullo, se poderá realizar sen custe algún un segundo transbordo. O edil adiantou que se elaborará un estudo para a mellora do servizo en toda a cidade.
A edil de Medioambiente, pola súa banda, destacou a rexeneración e acondicionamento de diversos puntos do municipio para o gozo cidadá, como o paseo de A Guía, a praia do Carril e a zona dos muíños no Lagares. Precisamente ao río se está a prestar especial atención, subliñou Lago, para o que se coordinaron esforzos cos distintos departamentos municipais na prevención dos verquidos.
A aprobación das Zonas Acústicamente Saturadas e a elaboración do Mapa de Ruidos de Vigo foron destacadas asemade pola concelleira, medidas que entroncou coas auditorías que o departamento que dirixe está a realizar nos edificios municipais de cara a ser máis enerxéticamente eficientes.
As campañas de concienciación tiveron especial peso neste ano, co obxectivo da concienciación e o respecto á natureza. Chus Lago citou o programa "Vigo, Camiño a Camiño", do que participaron ata o de agora 8.000 vigueses para "redescubrir Vigo"; a campaña O Teu Papel, con 94 colexios participantes; Auga e Natureza, aínda en marcha, do que xa foron partícipes 35 centros escolares; e o programa de recollida de aceite, promocionado e impulsado neste último ano, que permitíu a recollida de 17.000 litros.
Descargar todas as imaxes