Trece locais do Casco Vello participan no III Concurso de Tapas do 27 de xuño ao 13 de xullo con racións a un euro
No marco das diversas iniciativas que está a desenvolver o Concello de Vigo para dinamizar o Casco Vello, entre o 27 de xuño e o 13 xullo trece locais do barrio histórico da cidade participarán na terceira edición do Concurso de Tapas, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez. "Nestas xornadas ofertaránse racións de variada elaboración, segundo o elixido por cada local, cun prezo dun euro cada unha", explicou o tenente de alcalde.
"Quero animar á cidadanía a que visite o Casco Vello e comprobe por si mesma cal o ambiente que se vive na nosa zona histórica", salientou Santi Domínguez, quen indicou que deben ser os propios viguesas e viguesas os que comproben que é un barrio "cheo de vida e de xente que pasea" e que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo e Comercio estase a colaborar neste tipo de iniciativas "para que pouco a pouco adquiran consistencia no tempo". Neste sentido, animou a Asociación de Comerciantes Centro Comercial Aberto VigoVello a seguir traballando para acadar a dinamización do barrio xunto ás iniciativas que dende o Concello e o Consorcio do Casco Vello se están a levar a cabo para a rehabilitación de edificios. Ao respecto, o tenente de alcalde asegurou que na Rúa Real "xa se poden ver os resultados da rehabilitación". Aínda que recoñeceu que o proceso é lento, subliñou que se trata dun proxecto "imparable" no que iniciativas como o Concurso de Tapas resulta unha "boa medida para avanzar".
A presidenta da asociación, Itos Domínguez, agradeceu ao tenente de alcalde a súa colaboración, e explicou que os locais que participan no concurso son La Carbonara, que ofrece mini espetada de carne con salsa ao funghi; Creperie do mar, no que se poderá probar a crepe tartar ou boursin de saumon; Herba Luisa, que preparará cabaciña ao curry; Tratévere, que fará filloa mixta; Marisquería Bahía, na que se poderá tomar un revolto de zamburiñas ao suspiro de pomarola e herbas silvestres; Petiscos, que fará petisco delicia da Ría; Mama Oko, con mini espetada tandoori con salsa verde de cilantro; Vinoteca A Meiga, que fará montadito Á Mega; A Curuxa preparará collóns de crego; no Pita Tola poderase degustar o ceviche; La Comidilla preparará quevirantes; no Alta Fidelidade farán mexilóns ao estilo Alta Fidelidade e no Gout Doux poderase probar mar a dentro.
Cada participante concursará coa mesma tapa todos os días da convocatoria e establécense dous premios. O primeiro consistirá nun diploma e unha fin de semana para dúas persoas no, e o segundo será un diploma. Ademais, entre toda a clientela que participe na votación sortearase unha fin de semana para dúas persoas no Hotel Hesperia La Toja.
Descargar todas as imaxes