Tenencia de Alcaldía habilita un servizo gratuíto de autobuses para asistir ao concerto que Bob Dylan ofrecerá o venres no IFEVI
Co obxectivo de evitar os problemas de atascos nos accesos ao recinto feiral e os inconvintes de ter que buscar aparcamento, Tenencia de Alcaldía vén de habilitar un servizo gratuíto de autobuses para desplazarse ao concerto que Bob Dylan ofrecerá o venres, 27 de xuño, no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi). Segundo explicou o tenente de alcalde Santi Domínguez, haberá a disposición do público dúas lanzadeiras, que sairán do Areal e da Praza Eugenio Fadrique.<br />
Unha lanzadeira do Areal partirá ás 19.45 e ás 20.15 horas e percorrerá as rúas Areal, Colón, Urzáiz, Gran Vía, Praza de España, avenida de Madrid, estrada de Madrid, M. Álvarez e estrada da vía, ata chegar ao Ifevi. A segunda lanzadeira sairá da Praza Eugenio Fadrique ás 19.55 e ás 20.05 horas, e o percorrerá a rúa Coruña, Gran Vía, Praza de España, avenida de Madrid, estrada de Madrid, M. Álvarez e estrada da vía, ata a chegada ao Ifevi. Unha vez rematado o concerto, os autobuses realizarán catro viaxes, sairán do recinto feiral cunha frecuencia de dez minutos e voltarán aos puntos de partida.