As concellerías de Distritos e Educación presentan o seu balance anual de actividades
Ángel Rivas e Laura López Atrio fixeron este xoves un repaso ás actuacións máis destacadas dous seus departamentos. A edil de educación resumíu o seu labor no "diagnose, análise e mellora" da oferta educativa da cidade, e o concelleiro salientou o seu traballo "de proximidade" cos vigueses, facendo un seguemento das súas queixas ata ter resolto "máis do 70%" dos expedientes tramitados.
Laura López Atrio repasou este xoves as súas actividades neste primeiro ano ao fronte do departamento de Educación, unha concellería con 8,8 millóns de euros de orzamento neste 2008 e que afecta a 35.000 alumnos da cidade.
O programa estrela de Educación, tal e como afirmou López Atrio, foi o apoio á lingua inglesa: con actividades en inglés fóra do horario escolar, con visitas á cidade e accións lúdicas, das que puideron participar 3.700 alumnos ata o de agora. Ambos se completan co programa de inmersión lingüística: 100 escolares vigueses viaxarán sen custe algún en setembro ao Reino Unido e Irlanda para estudar todas as materias en inglés.
Xunto co inglés, a concelleira salientou o "esforzo" realizado nas Escolas Municipais. A de música veu ampliado o seu espazo, segundo informou; a de teatro, os horarios e o profesorado; completado coa creación da nova escola de música tradicional e folk, que comeza o vindeiro curso.
Atrio tamén puxo de relevancia os traballos de mantemento e mellora das instalacións dos centros educativos da cidade. Así, a edil explicou que se realizaron obras en 38 colexios, planificados e coordinados coa Xunta de Galicia.
Ángel Rivas, pola súa banda, resumiu o labor da Concellería de Distritos, un departamento "de proximidade cos vigueses" e "transversal", xa que recaba, tramita e fai seguimento das queixas e suxestións; expedientes que se derivan a todas as concellerías municipais e dos que se resolven "máis dun 70%", subliñou Rivas.
O edil salientou que o seu departamento visitou o 100% das parroquias, para atender ás súas necesidades. Tamén informou de que se reuniu con case todas as asociacións de veciños, a unha media de dous encontros por semana. Rivas visitou e se entrevistou co 95% das entidades que así o solicitaron, nun prazo medio de dez días para acordar a data.
Distritos atendeu a máis de 100 asociacións de todo tipo e tramitou máis de 600 expedientes, cun prazo medio de resolución de 45 días. O concelleiro citou asemade o seu labor na presidencia da Comisión de Queixas e Suxestións, que solventou o 55% das 8.000 queixas que tramitou desde que se constituíu, fai 9 meses.
O departamento e a Universidade de Vigo están a ultimar ademais un convenio, segundo explicou o edil, para a planificación dos distritos e das parroquias viguesas, polo que se identificarán as súas carencias para dar resposta as necesidades das mesmas nos vindeiros execizos.
Ángel Rivas fixo referencia ao seu labor como coordinador da Área de Grandes Proxectos, creada a finais de marzo deste ano, e que planifica "o Vigo dos próximos 20 anos", argumentou o concelleiro. O traballo nesta materia pasa pola clasificación da documentación existente, para facilitar os procesos de consulta e axilizar os trámites burocráticos cara o seu seguimento e realización.
Descargar todas as imaxes