Abel Caballero "saúda con entusiasmo" que o Porto desenvolva os Proxectos Nouvel e Beiramar

luns, 2 xuñ 2008

O alcalde mostrouse este luns "moi satisfeito" de que a Autoridade Portuaria leve adiante definitivamente "dous grandes proxectos para esta cidade", Nouvel e Beiramar. Esta circunstancia foi cualificada de "magnífica decisión" polo rexedor municipal, quen avanzou que na próxima semana se reunirá co seu Presidente, Suso Paz, para coñecer en detalle a ampliación aprobada o pasado venres.

Presentada en Vigo unha campaña para o consumo de peixe entre os máis pequenos

venres, 23 mai 2008

A campaña Sonche Xan!, posta en marcha pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, foi presentada este venres en Vigo, na procura de incrementar o consumo de peixe na poboación infantil de entre catro e doce anos. Na presentación participaron a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o alcalde, Abel Caballero, e o campión olímpico de piragüismo, David Cal.

Vigo aporta máis da terceira parte das doazóns de órganos de Galicia

xoves, 22 mai 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves unha reunión con representantes da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo, ADROVI, onde acordaron celebrar o próximo 2 de xuño unha xornada de sensibilización para "agradecer" aos vigueses a súa "solidariedade" e mostralo "a Galicia e España". Vigo é a cidade de Galicia que conta con máis tarxetas de doantes.

O alcalde insta á Xunta a atallar os efectos da desaceleración económica no comercio

xoves, 15 mai 2008

Abel Caballero considera que o comercio é un dos sectores que máis acusa a ralentización económica, polo que solicitou da Xunta de Galicia a elaboración dun Plan específico que "focalice a súa atención" neste sector para paliar os efectos da desaceleración, en especial no pequeno comercio. <br /> O alcalde destacou o peso do comercio en Vigo na apertura dun novo supermercado na cidade.

O alcalde asegura que a lei autonómica do solo "ratifica" a política de vivenda do Goberno Local

mércores, 14 mai 2008

Abel Caballero valorou este mércores a nova Lei Autonómica do Solo, impulsada pola Consellaría de Política Territorial, que contempla para as grandes cidades unha reserva do solo do 40% para vivenda con algún tipo de protección. O alcalde afirma que, coa incorporación no novo Plan Xeral do 43% de VPO, Vigo está "á vangarda do urbanismo moderno en España".