Escoitar

O alcalde salienta a satisfacción da Asociación de Comerciantes "Vigo Vello" pola recuperación do casco antigo

Abel Caballero entrevistouse hoxe martes coa Asociación para pasar revisión ás cuestións do Casco Vello vigués relativas principalmente ao comercio. Vigo Vello presentou as súas inquedanzas e mostrou a súa satisfacción pola recuperación de vivendas e rúas que se está a levar a cabo no barrio. O alcalde comprometeuse a manter unha próxima reunión co colectivo.

martes, 14 xul 2009
1247575144reunion_1.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este martes á Asociación de Comerciantes "Vigo Vello", quen transmitiulle ao rexedor a súa satisfacción polo proceso de recuperación de vivendas e rúas no que está inmerso o casco antigo vigués.

O alcalde e a Asociación pasaron revisión ás cuestións relativas básicamente ao comercio da zona, entre eles unha cuestión de competencia desleal dun comerciante que non cumpriría a ordenanza que impide repartir octavillas a máis de 100 metros de distancia do seu establecemento. "Vigo Vello" presentou firmas recollidas polos veciños da zona denunciando esta práctica.

O colectivo denunciou asemade ante o alcalde a excesiva venda ambulante, tras o que Abel Caballero anunciou que contactará coa Policía Local para que este tipo de venda, compatible co comercio tradicional, poida ser autorregulado.

O alcalde e a Asociación acordaron manter unha nova reunión para afondar nas cuestións do comercio do Casco Vello de Vigo, como a prohibición do botellón, en tramitación municipal na zona ou a inquedanza do colectivo -compartida polo alcalde- do estado da rúa Cánovas del Castillo.
Descargar todas as imaxes