O alcalde e o tenente de alcalde presentan o Vigo Conventión Bureau aos representantes do sector turístico
O alcalde Abel Caballero e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantiveron hoxe unha xutanza con representantes do sector turístico da cidade para presentarlles a Fundación Vigo Convention Bureau, o organismo que vai premitir que a nosa cidade entre no circuito para a organización de congresos, simposios e viaxes de incentivo a nivel internacional. Vigo entra así nunha entidade da que xa forman parte 37 cidades do Estado.
Ao remate da xuntanza o alcalde explicou que "na reunión percibimos e transmitimos o acordo global para o desenvolvemento do sector turístico vigués. Acordamos a necesidade de transmitir o ámbito de coñecemento de Vigo porque é a gran descoñecida de España; polo que temos que levar a imaxe da cidade a toda España".
O tenente de alcalde indicou que na reunión estiveron presentes representantes dos diferentes sectores vinculados ao turismo (hosteleiros, hoteleiros, axentes de viaxes, organizadores de eventos...), que expresaron a súa satisfacción porque Vigo conte cunha estrutura estable que vai premitir dinamizar o sector. Santi Domínguez explicou que o Vigo Convenión Bureau "abre novas expectativas para o turismo en Vigo, porque vai facer que traballemos na desestacionalización do turismo". Tamén sinalou que no encontro quedou de manifesto que se daba resposta a unha vella demanda do sector.
O alcalde tamén garantíu no encontro que o novo Auditorio Pazo de Congresos de Vigo, "a gran demanda" do sector turístico marcha "francamente ben" e invitoulles a que programen actos na infraestrutura a partir do 1 de xaneiro de 2011, data prevista de remate. Xunto ao Pazo de Congresos, Abel Caballero salientou que o sector turístico debe contar asemade coa nova estación ferroviaria e co novo aeroporto de Vigo, que estarán listos en 2012.
Sobre os prazos para a posta en marcha do novo organismo, o tenente de alcalde dixo que tras a sinatura da acta fundacional por parte dos socios fundadores nos vindeiros días, nomearase ao xerente e ao comité executivo no mes de agosto. Xa en setembro celebrarase a primeira reunión de traballo para presentar o Plan Estratéxico do Vigo Convenión Bureau.
O tenente de alcalde lamentou que a día de hoxe aínda o Concello non recibira resposta dos novos responsables da Xunta para incorporarse ao Vigo Conventión Bureau. Asegurou que a anterior Dirección Xeral de Turismo comprometera a súa participación cunha aportación anual definida, pero que tras remitirlle unha carta solicitando se ían a manter ese acordo "seguimos agardando, polo que o Convenion Bureau da principal cidade de Galiza vaise constituir sin a Xunta".
Descargar todas as imaxes