A Unidade Medioambiental da Policía Local recupera en Pereiró a unha iguana de máis dun metro
A UMIR (Unidade Medioambiental de Intervención Rápida) da Policía Local de Vigo acudiu na mañá deste martes á rúa Pereiró, onde varios veciños alertaron de que unha iguana de grandes dimensións camiñaba sobre a calzada. Os axentes capturaron ao reptil en bo estado e trasladárono a VigoZoo, á espera de que apareza o seu propietario.
A Unidade Medioambiental de Intervención Rápida da Policía Local de Vigo capturou este martes na rúa Pereiró a unha iguana de 1,05 metros de lonxitude, que atopábase en bó estado camiñando pola calzada.
A Policía Local recibiu unha chamada dos veciños da zona alertando da presenza do devandito reptil na zona. Personados os axentes, constataron o bo estado do animal e, despois de capturalo, trasladárono ao Zoolóxico municipal á espera de localizar ao seu lexítimo dono.
Descargar todas as imaxes