Escoitar

Exposición "20 anos na Antártida"

O alcalde Abel Caballero visitou hoxe a exposición "20 anos na Antártida" que se está a amosar no Centro Cultural Caixanova. O alcalde estivo acompañado no acto polo almirante Arsenal, Santiago Bolivar e polo almirante de Acción Marítima Gonzalo Sirvent.

martes, 14 xul 2009
1247576518alcaldearmada.jpg
Dende 1988-1989 as Forzas Armadas participan brindando apoio loxístico o labor dos científicos que cada ano realizan proxectos de investigación na Antártida, cúmprense 20 anos de campañas antárticas españolas e con este motivo se organiza esta exposición.

Na campaña 2008-2009 150 científicos traballaron en 25 proxectos, esta campaña é a máis ambiciosa no marco do IV Ano Polar Internacional.

Os efectos do cambio climático nos ecosistemas polares, o seguemento da actividade volcánica ou o estudo do retroceso dos glaciares son algunhas das investigacións de maior relevancia que realizan dende os buques oceanográficos As Palmas e o Hespérides e as bases Gabriel de Castilla e Juan Carlos I, situadas nas Illas Shetland do Sur.


Descargar todas as imaxes