Abel Caballero define a conexión da AP-9 co aeroporto como "unha das grandes obras da cidade de Vigo"<br />
O alcalde valorou positivamente esta conexión, cuxo proxecto está xa en fase de exposición pública, e que está chamado a converterse no "gran nó de comunicacións do sur de Galicia", pois conectará no futuro coas novas autovías a O Porriño e Pontevedra. O trazado suporá a eliminación de 90 aparcamentos no IFEVI pero abre un espazo para novas prazas maior ás que suprime.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu hoxe luns a conexión viaria da AP-9 coa rotonda de acceso ao IFEVI e Peinador como "unha das grandes obras da cidade de Vigo" pois está chamado a converterse no "gran nó de comunicacións do sur de Galicia".
O alcalde explicou que a nova infraestrutura unirá a saída da autopista coa gran rotonda en construción que da servizo ao aeroporto vigués e ao Instituto Feiral, e contempla a creación dunha nova rotonda. O proxecto, xa concluido, está na actualidade en exposición pública, e prevé conectar coas novas autovías previstas que unirán a cidade olívica co Porriño e Pontevedra.
Segundo indicou Abel Caballero, o trazado proxectado afecta a 90 prazas de aparcamento do IFEVI que serán suprimidas, polo que o mesmo proxecto contempla abrir un novo espazo que permitirá habilitar máis prazas para vehículos das que serán eliminadas. Así, o saldo de aparcamentos será positivo unha vez rematada a obra.