martes, 14 xul 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinaron hoxe tres convenios de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas, a Fundación Menela e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga) que teñen como obxectivo avanzar na integración e mellora da calidade de vida das persoas con algún tipo de discapacidade, así como das súas familias.
martes, 14 xul 2009
O alcalde, Abel Caballero, e o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, asinaron este martes o convenio polo que a Policía Local educará a menores de entre 14 e 18 anos infractores contra a seguridade vial cun dobre obxectivo: o arrepentemento e a sensibilización. O 95% dos menores que participan nesta formación -pioneira en Galicia- non volven delinquir.
martes, 14 xul 2009
Abel Caballero entrevistouse hoxe martes coa Asociación para pasar revisión ás cuestións do Casco Vello vigués relativas principalmente ao comercio. Vigo Vello presentou as súas inquedanzas e mostrou a súa satisfacción pola recuperación de vivendas e rúas que se está a levar a cabo no barrio. O alcalde comprometeuse a manter unha próxima reunión co colectivo.
martes, 14 xul 2009
O alcalde Abel Caballero visitou hoxe a exposición "20 anos na Antártida" que se está a amosar no Centro Cultural Caixanova. O alcalde estivo acompañado no acto polo almirante Arsenal, Santiago Bolivar e polo almirante de Acción Marítima Gonzalo Sirvent.
martes, 14 xul 2009
Do mércores 15 de xullo ao domingo 30 de agosto en horario de martes a domingo de 10 a 21 horas poderá visitarse no museo Verbum - Casa das Palabras a exposición temporal "10 anos de BD galega", a banda deseñada galega actual.
martes, 14 xul 2009
A UMIR (Unidade Medioambiental de Intervención Rápida) da Policía Local de Vigo acudiu na mañá deste martes á rúa Pereiró, onde varios veciños alertaron de que unha iguana de grandes dimensións camiñaba sobre a calzada. Os axentes capturaron ao reptil en bo estado e trasladárono a VigoZoo, á espera de que apareza o seu propietario.
martes, 14 xul 2009
A historia de Paco León e o seu vínculo coa OMV comenza cando na temporada pasada apareceu nalgún episodio da serie Aida de forma anecdótica coa camiseta da Oficina Municipal de Voluntariado.