venres, 17 xullo 2009
Mobilidade e Seguridade

Peche da Avenida Europa ao tráfico con motivo do Festival Aéreo

venres, 17 xul 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do festival aéreo na praia de Samil, estará pechada ao tráfico, en sentido praias, a Av Europa, entre o 1º Cinto e Av Samil, con acceso exclusivo para garaxes e transporte colectivo, o domingo 19 de xullo de 2009 dende as 08.00 até as <br /> 18.30 horas.

Tenencia e Normalización fomentan a lectura nas praias de Samil e O Vao coas ciclobibliotecas

venres, 17 xul 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoxe en Samil as Ciclobibliotecas, unha iniciativa que ten como obxectivo o fomento da lectura e da nosa cultura nas praias. "Queremos achegar á lectura ás zonas nas que a cidadanía goza do seu lecer no verán", explicou Santi Domínguez.

Abel Caballero recibiu aos barcos de Telefónica no seu regreso a España tras dar a volta ao mundo

venres, 17 xul 2009

O alcalde acudiu hoxe venres ao Porto de Vigo onde recibiu ás embarcacións Telefónica Azul e Telefónica Negro, que veñen de percorrer 37.000 millas náuticas durante oito meses na regata Volvo Ocean Race 2008-2009. Xunto co alcalde participaron na benvida o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Director Territorial de Telefónica en Galicia y Asturias e o Director Xeral do Equipo Telefónica.