Escoitar

Tenencia e Normalización fomentan a lectura nas praias de Samil e O Vao coas ciclobibliotecas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoxe en Samil as Ciclobibliotecas, unha iniciativa que ten como obxectivo o fomento da lectura e da nosa cultura nas praias. "Queremos achegar á lectura ás zonas nas que a cidadanía goza do seu lecer no verán", explicou Santi Domínguez.

venres, 17 xul 2009
1247835729ciclobibliotecas.jpg
O tenente de alcalde explicou que para participar únicamente hai que achegarse é solicitar un libro, leelo e devolvelo. Indicou que estea é unha iniciativa atrainte para que os nenos e as nenas, pero tamén os maiores, se acheguen á lectura tamén na praia. Santi Domínguez asegurou que ademáis "son libros que falan dos valores que temos que coidar entre todos, a nosa lingüa, o medio ambiente, a diversidade cultural, a igualdade ou a solidariedade".

O nacionalista animou a todo o mundo que vaian ás praias a que "cando vexan unha ciclobiblioteca se acheguen". Segundo explicou a concelleira, estarán todos os luns ata o 17 de agosto na praia de Samil, na arboreda fronte ao Verbum, e na praia de O Vao os venres ata o 21 de agosto. A actividade comenzará sempre a partir das 18:30 horas.

Iolanda Veloso sinalou que as ciclobibliotecas levan libros, revistas e contos de temática variada. Ademáis, tamén se desenvolverán contacontos, obradoiros e actividades de dinamización.
Descargar todas as imaxes